Virxe Port Ligat Dalí

Virxe Port Ligat Dalí
A Virxe de Port Ligat Dalí

martes, 26 de marzo de 2013

O GRÚFALO


O Grúfalo é unha divertida historia sobre un rato e un monstro creado pola súa imaxinación, o pequeno rato sae de paseo a escura fraga e atopase cunha raposa, un moucho e unha serpe famentos. Para afastalos, o rato fálalles do Grúfalo, unha criatura fantástica de cairos noxentos e poutas terribles. Pero co que non conta é que o Grúfalo existe, e ao toparse con el abraiase,  ao verse en perigo unha vez máis utiliza a súa intelixencia para afastalo.

Julia Donaldson é a creadora desta historia, escribiu 79 libros para nenos e nenas, dos cales 67 foron publicados e uns 10 foron ilustrados por Axel Scheffer. Tamén escribe obras de teatro e compón cancións para programas de televisión dirixidos ao público infantil.



Nos, os nenos e nenas de 3 anos fixemos o noso Grúfalo, primeiro en plastilina e logo coloreámolo.








No hay comentarios:

Publicar un comentario