Virxe Port Ligat Dalí

Virxe Port Ligat Dalí
A Virxe de Port Ligat Dalí

jueves, 5 de diciembre de 2013

viernes, 27 de septiembre de 2013

ÁREA DE RELIXIÓN

A ensinanza relixiosa católica na Educación Infantil parte da experiencia do neno nestas idades de 3 a 6 anos en referencia aos tres grandes ámbitos: a identidade e autonomía persoal, ao descubrimento do medio físico e social, e a comunicación e representación da realidade. Estes tres ámbitos de experiencia non son tratados de forma fragmentada ou independente uns de outros, senón en mutua relación e interdependencia. Ao longo do curso se desenvolveran as seguintes actividades acordes coa época do ano na que nos atopemos: - Advento - Nadal - Día dos Dereitos dos Nenos e Nenas - Día da Paz - Semana Santa - Pascua - Día -Internacional da Muller Traballadora - Día Internacional das Familias - Maio mes de María - Día Mundial do Medio Ambiente ...para que a formación relixiosa non quede descontextualizada, senón formando parte da propia vida diaria do neno e da nena, axudándolles así a vivir eses momentos dun xeito especialmente consciente.

viernes, 13 de septiembre de 2013

VOLTA AO COLE

Un ano máis estamos de volta no noso querido cole, onde atopamos aos nosos compañeiros e compañeiras despois das vacacións. Vimos cheos de ilusións e con moitas ganas de aprender neste novo curso que empeza. Así que "BENVIDOS A TODOS E TODAS"

lunes, 17 de junio de 2013

MAIO, O MES DE MARÍA

O mes de maio é un  mes para coñecer un pouco máis a nai de Xesús.
Así que con un pouco de pintura de dedos fixémoslle unha grilanda de flores a María,
e por certo, quedounos ben bonita.



A PARÁBOLA DO LABRADOR

 Unha bonita historia para reflexionar.








lunes, 20 de mayo de 2013

AS CAMPÁS

"As campás falan", as  linguas de bronce serviron o longo dos séculos:
para amosar as horas, e así foron reloxos colectivos;
para informar ao pobo de todo tipo de avisos e noticias;
– para cantar alegrías e aliviar as penas nas despedidas últimas…




Pero tamén as campás poden contar historias como a do Frautista de Hamelín.




Na nosa clase de Relixión fixemos a nosa campá.




martes, 26 de marzo de 2013

O GRÚFALO


O Grúfalo é unha divertida historia sobre un rato e un monstro creado pola súa imaxinación, o pequeno rato sae de paseo a escura fraga e atopase cunha raposa, un moucho e unha serpe famentos. Para afastalos, o rato fálalles do Grúfalo, unha criatura fantástica de cairos noxentos e poutas terribles. Pero co que non conta é que o Grúfalo existe, e ao toparse con el abraiase,  ao verse en perigo unha vez máis utiliza a súa intelixencia para afastalo.

Julia Donaldson é a creadora desta historia, escribiu 79 libros para nenos e nenas, dos cales 67 foron publicados e uns 10 foron ilustrados por Axel Scheffer. Tamén escribe obras de teatro e compón cancións para programas de televisión dirixidos ao público infantil.



Nos, os nenos e nenas de 3 anos fixemos o noso Grúfalo, primeiro en plastilina e logo coloreámolo.








A PROFECÍA DAS RAS

Inspirada na Arca de Noé, a película só queda coa esencia desta pasaxe bíblica...








SEMANA SANTA

DOMINGO DE RAMOS
Cando un rei, o un presidente dun país visita outro país, as autoridades e milleiros de persoas saen a rúa e o  saúdan con pancartas, bandeiras e flores. As veces vai nun automóbil descapotable moi elegante para que todos poidan velo dende lonxe.
Algo parecido sucedeulle a xesús.  O domingo antes de morrer dirixiuse cos seus amigos a cidade de Xerusalén. Pídelle a un dos seus discípulos que consiga prestado un burriño para entrar na cidade. Montou nel e seguido polos seus amigos entrou na cidade. Unha gran multitude de xente saíu das súas casas ao encontro de Xesús…









martes, 5 de febrero de 2013

30 DE XANEIRO DÍA ESCOLAR POLA PAZ

O día 30 de xaneiro celebramos o Día Escolar pola Paz en conmeración da morte de Mahatma Gandhi.
Nos os nenos e nenas de 3, 4 e 5 anos non queriamos deixar pasar unha data tan importante.






E despois de traballar un pouco, escoitamos e cantamos algunha canción relacionada con ese dia.