Virxe Port Ligat Dalí

Virxe Port Ligat Dalí
A Virxe de Port Ligat Dalí

martes, 26 de marzo de 2013

O GRÚFALO


O Grúfalo é unha divertida historia sobre un rato e un monstro creado pola súa imaxinación, o pequeno rato sae de paseo a escura fraga e atopase cunha raposa, un moucho e unha serpe famentos. Para afastalos, o rato fálalles do Grúfalo, unha criatura fantástica de cairos noxentos e poutas terribles. Pero co que non conta é que o Grúfalo existe, e ao toparse con el abraiase,  ao verse en perigo unha vez máis utiliza a súa intelixencia para afastalo.

Julia Donaldson é a creadora desta historia, escribiu 79 libros para nenos e nenas, dos cales 67 foron publicados e uns 10 foron ilustrados por Axel Scheffer. Tamén escribe obras de teatro e compón cancións para programas de televisión dirixidos ao público infantil.



Nos, os nenos e nenas de 3 anos fixemos o noso Grúfalo, primeiro en plastilina e logo coloreámolo.








A PROFECÍA DAS RAS

Inspirada na Arca de Noé, a película só queda coa esencia desta pasaxe bíblica...








SEMANA SANTA

DOMINGO DE RAMOS
Cando un rei, o un presidente dun país visita outro país, as autoridades e milleiros de persoas saen a rúa e o  saúdan con pancartas, bandeiras e flores. As veces vai nun automóbil descapotable moi elegante para que todos poidan velo dende lonxe.
Algo parecido sucedeulle a xesús.  O domingo antes de morrer dirixiuse cos seus amigos a cidade de Xerusalén. Pídelle a un dos seus discípulos que consiga prestado un burriño para entrar na cidade. Montou nel e seguido polos seus amigos entrou na cidade. Unha gran multitude de xente saíu das súas casas ao encontro de Xesús…