Virxe Port Ligat Dalí

Virxe Port Ligat Dalí
A Virxe de Port Ligat Dalí

miércoles, 28 de diciembre de 2011

HOXE NACEU UN REI

BO NADAL, XA NACEU O NENO

Ano tras ano celebramos o nacemento do Neno Xesús, o Nadal é unha das épocas mais fermosas do ano e na cal os nenos e nenas disfrutan non só da festa senón tamén da familia, xa que se atopan de vacacións.
Durante o mes de Decembro e parte de novembro falamos sobre: o Advento, o Nadal e tamén sobre os Reis Magos, cantamos panxoliñas e coloreamos.



miércoles, 30 de noviembre de 2011

UN HOME, UNHA MULLER E UNHA MAZÁ


Adán e Eva (en alemán, Adam und Eva) é unha parella de pinturas realizada polo artista alemán Alberto Durero (Albrecht Dürer). Están pintadas a óleo sobre táboa. Datan do ano 1507, como así consta nun cartel xunto a Eva. Exhibense actualmente no Museo do Prado de Madrid (España).



Cantos problemas pode dar unha mazá?
Así que na clase falamos desta historia tan sorprendente entre un home, unha muller e unha mazá.

jueves, 10 de noviembre de 2011

ROSA CARAMELO

Con este conto tan fermoso, aprendemos que tanto os nenos como as nenas podemos xogar cos mesmos xogos e xoguetes. E que todos e todas somos iguais e temos os mesmos dereitos independentemente de que sexamos nenas ou nenos.

miércoles, 9 de noviembre de 2011

ROSA CARAMELO

What Is That?

What Is That?

Un fillo e o seu pai atópanse no xardín e de súpeto aparece un gorrión. Tratase dunha fermosa historia que nos fará reflexionar sobre as relacións entre os pais e os fillos.

martes, 27 de septiembre de 2011

Os nenos e as nenas acaban de comezar o colexio. Neste contexto, a primeira clase de Relixión será unha oportunidade máis para axudar ao alumnado a asumir a nova situación que están vivindo e a atopar apoio na experiencia cristiá. Unha das oportunidades que lles ofrece a escola é a posibilidade de facer novos amigos, o que facilita a presentación de Xesús como outro amigo, ao que coñeceremos mellor e farémonos cada día máis amigos del e dos demais.
Mais non podemos esquecer a educación en valores democráticos fundamentais como a liberdade, a tolerancia ou a solidariedade para unha formación integral do individuo.

jueves, 7 de abril de 2011

A arca de Noé

Unha fascinante historia de supervivencia que nos ensina e nos recorda o marabillosa que a vida, a importancia do traballo en equipo e o respeto que debemos ter a natureza.





viernes, 25 de febrero de 2011

Un ano máis puxémonos a celebrar o Día da Paz nas nosas clases de relixión e, que mellor fomar coloreando e pegando purpurina nas nosas fichas. Non podemos esquecer que a Paz non é unha vez ao ano, senon todos os días.

miércoles, 19 de enero de 2011

30 DE XANEIRO: DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E DA PAZ.

As siglas DENIP veñen do Día Escolar da Non-violencia e da Paz, xornada educativa non gobernamental fundada en España no 1964 polo poeta e pacifista maiorquín Llorenç Vidal Vidal e que se practica o 30 de xaneiro de cada ano, no aniversario da morte de Mahatma Gandhi.

No Antigo Testamento cando usa a expresión “paz” (shalom) especialmente nos saludos, refírese a un benestar material e de espírito: “A paz este contigo” (cf. Gn 29, 6).

Entre os símbolos da Paz temos: Unha pomba branca, cunha pola de oliveira no peteiro. Recoñecida universalmente como símbolo de paz tras as guerras sufridas ao longo do século XX, esta pomba é de orixe bíblico. Aparece por primeira vez no relato da Arca de Noé, sendo a encargada de ver cal era o estado do mundo tralo diluvio universal.