Virxe Port Ligat Dalí

Virxe Port Ligat Dalí
A Virxe de Port Ligat Dalí

lunes, 17 de diciembre de 2012

CHEGA O NADAL!


Está a piques de chegar o Nadal! E os alumnos e alumnas de 3, 4 e 5 anos estamos aprendendo que significa esta festa para nos, por que se celebra, que é o que celebramos ...





                               E por suposto queremos desexar a todo o mundo un BO NADAL!


ADVENTO


 O Advento é o período de preparación para celebrar o Nadal. Comeza os catro domingos antes desta festa.


lunes, 19 de noviembre de 2012

HISTORIAS E CINE


O longo do curso tamén temos tempo para ver algunha película relacionada coa vida de Xesús e coas historias que aparecen na Biblia. Por exemplo a Arca de Noé.

AXUDO ÓS MEUS AMIGOS


Nas clases de relixión tamén deixamos un oco para poñer en practica a “Intelixencia Emocional”. E que é a "Intelixencia Emocional", non é outra cousa que a capacidade para recoñecer sentimentos propios e  alleos e a habilidade para manexalos



20 DE NOVEMBRO DIA DOS DERITOS DOS NENOS E NENAS



Hai 23 anos (20 de Novembro 1989) Nacións Unidas aprobou a Convención dos Dereitos dos Nenos e Nenas, un cambio revolucionario respecto a Declaración Universal de 1959 ata entón vixente, ao introducir  a concepción de neno e nena como “persoa suxeito de dereitos” e establecido o principio do seu interés superior sobre calquer outro, o que anos despois recollería a nosa lexislación : “as necesidades dos menores como eixe dos seus dereitos e da súa protección” (Lei Orgánica de Protección Xurídica do Menor 1/96 de 15 de Xaneiro)




sábado, 10 de noviembre de 2012

viernes, 21 de septiembre de 2012

12 DE SETEMBRO: EMPEZAMOS UN NOVO CURSO


Atopámonos un ano máis nun novo curso que esperamos sexa divertido, alegre e no cal aprendamos moitas novas cousas.

lunes, 9 de julio de 2012

Feliz verán!

E co mes de xuño chegou o remate deste curso, no cal foi moi divertido aprender e sobre todo xogar.
Os alumnos de 3, 4 e 5 anos da EEI Milladoiro vos desexán un moi feliz verán.


Maio: o mes de María

O mes de maio é o mes de María, o mes das flores. Feliz mes!

miércoles, 11 de abril de 2012

SEMANA SANTA

A Semana Santa comeza o Domingo de Ramos e finaliza o Domingo de Pascua ou Resurrección.


 


 
Domingo de Pascua ou Resurrección celebramos que Xesús segue entre nos.


19 DE MARZO "SAN XOSÉ"

O 19 de marzo celebramos o día do Pai ao ser tamén o día de San Xosé.
E quen era San Xosé? San Xosé era o pai de Xesús, un home bo e traballador
que tiña por oficio o de carpinteiro.



 

viernes, 10 de febrero de 2012

30 DE XANEIRO "DÍA DA PAZ"


O día 30 celebramos o Día da Paz e como recordo fixemos unhas fichas con moita cor.

Entre os símbolos da Paz temos: Unha pomba branca cunha pola de oliveira no peteiro, recoñecida universalmente como símbolo de paz.

Este ano no cole centrámonos en concreto  na interculturalidade. E, que é a INTERCULTURALIDADE?: refírese á interacción entre grupos humanos de distintas culturas levada a cabo dunha forma respetuosa.






miércoles, 18 de enero de 2012

MINIVERSO

Trátase dunha páxina na que poderemos coñecer aos cidadáns e cidadás doutros planetas de Miniverso, xogar e cantar con eles.