Virxe Port Ligat Dalí

Virxe Port Ligat Dalí
A Virxe de Port Ligat Dalí

viernes, 27 de septiembre de 2013

ÁREA DE RELIXIÓN

A ensinanza relixiosa católica na Educación Infantil parte da experiencia do neno nestas idades de 3 a 6 anos en referencia aos tres grandes ámbitos: a identidade e autonomía persoal, ao descubrimento do medio físico e social, e a comunicación e representación da realidade. Estes tres ámbitos de experiencia non son tratados de forma fragmentada ou independente uns de outros, senón en mutua relación e interdependencia. Ao longo do curso se desenvolveran as seguintes actividades acordes coa época do ano na que nos atopemos: - Advento - Nadal - Día dos Dereitos dos Nenos e Nenas - Día da Paz - Semana Santa - Pascua - Día -Internacional da Muller Traballadora - Día Internacional das Familias - Maio mes de María - Día Mundial do Medio Ambiente ...para que a formación relixiosa non quede descontextualizada, senón formando parte da propia vida diaria do neno e da nena, axudándolles así a vivir eses momentos dun xeito especialmente consciente.

viernes, 13 de septiembre de 2013

VOLTA AO COLE

Un ano máis estamos de volta no noso querido cole, onde atopamos aos nosos compañeiros e compañeiras despois das vacacións. Vimos cheos de ilusións e con moitas ganas de aprender neste novo curso que empeza. Así que "BENVIDOS A TODOS E TODAS"