Virxe Port Ligat Dalí

Virxe Port Ligat Dalí
A Virxe de Port Ligat Dalí

miércoles, 19 de enero de 2011

30 DE XANEIRO: DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E DA PAZ.

As siglas DENIP veñen do Día Escolar da Non-violencia e da Paz, xornada educativa non gobernamental fundada en España no 1964 polo poeta e pacifista maiorquín Llorenç Vidal Vidal e que se practica o 30 de xaneiro de cada ano, no aniversario da morte de Mahatma Gandhi.

No Antigo Testamento cando usa a expresión “paz” (shalom) especialmente nos saludos, refírese a un benestar material e de espírito: “A paz este contigo” (cf. Gn 29, 6).

Entre os símbolos da Paz temos: Unha pomba branca, cunha pola de oliveira no peteiro. Recoñecida universalmente como símbolo de paz tras as guerras sufridas ao longo do século XX, esta pomba é de orixe bíblico. Aparece por primeira vez no relato da Arca de Noé, sendo a encargada de ver cal era o estado do mundo tralo diluvio universal.