Virxe Port Ligat Dalí
A Virxe de Port Ligat Dalí
miércoles, 28 de diciembre de 2011
BO NADAL, XA NACEU O NENO
Ano tras ano celebramos o nacemento do Neno Xesús, o Nadal é unha das épocas mais fermosas do ano e na cal os nenos e nenas disfrutan non só da festa senón tamén da familia, xa que se atopan de vacacións.
Durante o mes de Decembro e parte de novembro falamos sobre: o Advento, o Nadal e tamén sobre os Reis Magos, cantamos panxoliñas e coloreamos.
Durante o mes de Decembro e parte de novembro falamos sobre: o Advento, o Nadal e tamén sobre os Reis Magos, cantamos panxoliñas e coloreamos.
miércoles, 30 de noviembre de 2011
UN HOME, UNHA MULLER E UNHA MAZÁ
Adán e Eva (en alemán, Adam und Eva) é unha parella de pinturas realizada polo artista alemán Alberto Durero (Albrecht Dürer). Están pintadas a óleo sobre táboa. Datan do ano 1507, como así consta nun cartel xunto a Eva. Exhibense actualmente no Museo do Prado de Madrid (España).
Cantos problemas pode dar unha mazá?
Así que na clase falamos desta historia tan sorprendente entre un home, unha muller e unha mazá.
jueves, 10 de noviembre de 2011
ROSA CARAMELO
Con este conto tan fermoso, aprendemos que tanto os nenos como as nenas podemos xogar cos mesmos xogos e xoguetes. E que todos e todas somos iguais e temos os mesmos dereitos independentemente de que sexamos nenas ou nenos.
miércoles, 9 de noviembre de 2011
What Is That?
What Is That?
Un fillo e o seu pai atópanse no xardín e de súpeto aparece un gorrión. Tratase dunha fermosa historia que nos fará reflexionar sobre as relacións entre os pais e os fillos.
Un fillo e o seu pai atópanse no xardín e de súpeto aparece un gorrión. Tratase dunha fermosa historia que nos fará reflexionar sobre as relacións entre os pais e os fillos.
martes, 27 de septiembre de 2011
Os nenos e as nenas acaban de comezar o colexio. Neste contexto, a primeira clase de Relixión será unha oportunidade máis para axudar ao alumnado a asumir a nova situación que están vivindo e a atopar apoio na experiencia cristiá. Unha das oportunidades que lles ofrece a escola é a posibilidade de facer novos amigos, o que facilita a presentación de Xesús como outro amigo, ao que coñeceremos mellor e farémonos cada día máis amigos del e dos demais.
Mais non podemos esquecer a educación en valores democráticos fundamentais como a liberdade, a tolerancia ou a solidariedade para unha formación integral do individuo.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)







